Friday 17 de May de 2024

O Dividendo Dixital permitirá obter servizos avanzados de comunicación 4G


O Dividendo Dixital é o proceso polo cal débese liberar a banda de frecuencias de 800 MHz (canles 60-69, empregados ata agora para a difusión de canles de TDT), para o despregue de servizos avanzados de comunicacións en móbilidade (4G) a partir do 1 de xaneiro de 2015.
Este proceso, que se desenvolve de xeito armonizado a nivel europeo fixando como data límite a referida 1 de xaneiro de 2015, regulouse en España a través do Real Decreto 805/2014, de 19 de setembro, polo que se aproba o Plan Técnico Nacional da TDT e se regulan determinados aspectos para a liberación do Dividendo Dixital. Como consecuencia, aquelas canles de TDT que empregan no momento actual frecuencias ubicadas na banda a liberar (790-862MHz) deben de reubicarse en outras frecuencias, polo que resultará preciso para manter a continuidade da recepción das canles facer as adaptacións técnicas nos centros emisores por parte dos radiodifusores e operadores involucrados, resintonizar os receptores dos fogares e, no caso dos cidadáns que viven en comunidades de propietarios con instalación colectiva, deberán porse en contacto cun instalador de comunicación antes de resintonizar os seus receptores.

Fases de desenvolvemento do Dividendo Dixital
O proceso de liberación das canles planificoue en 3 fases ben diferenciadas:
1.Resintonización: O pasado día 26 de outubro de 2014 produciuse unha reordenación de canles que obrigou aos cidadáns que perderon a sintonía dalgunha das canles a resintonizar os seus receptores.
Este proceso non afectou ás canles autonómicas (TVG, TVG2 e V televisión), senón únicamente ás estatais e, nalgunhas zonas, puido perderse o acceso á canle Teledeporte aínda a pesar de resintonizar. Para recuperar a sintonía haberá que agardar a facer as adaptacións de antena segundo o definido na fase 2.
2.Antenización: Se non o fixo xa, debe de solicitar á maior brevidade posible a adaptación da instalación de antena colectiva do seu edificio, xa que as actuais frecuencias polas que recibe as canles de TDT deben de ser abandonadas en data 31 de decembro de 2014.
Non obstante, aquelas personas que viven en vivendas unifamiliares ou con instalación de tipo individual non terán que facer ningunha adaptación nesta fase. A adaptación únicamente afecta ás comunidades de propietarios e edificios de 3 ou máis vivendas que conten con instalación de tipo colectiva.Os administradores das comunidades de propietarios deberán de contactar cun instalador rexistrado para contratar as adaptacións de antena. Para facilitar a adaptación das antenas por parte dos usuarios os radiodifusores activaron a emisión simultánea das súas canles nas novas frecuencias e máis as actuais, naquelas estacións que dan cobertura a un número significativo de instalacións de tipo colectiva. Ademáis,o Goberno estableceu un plan de axudas dotado con 290M€ que permite recibir unha prestación de entre 150 euros e 500 euros sempre que se aporte factura dun instalador rexistrado.
3.Cese das frecuencias a liberar: A data de cese definitivo das frecuencias afectadas polo Dividendo Dixital está prevista para o vindeiro 31 de decembro de 2014, momento a partir do cal cesarán as emisións simultáneas habilitadas polos radiodifusores polo que todos os cidadáns deberán resintonizar e reorganizar os receptores para deixar a lista de canles adaptada á situación consolidada final.
Como consecuencia do anterior aqueles cidadáns que viven en edificios con instalación de tipo colectiva e que adaptaron as súas instalacións de antena con anterioridade á data de cese deberán resintonizar os seus receptores e reordenar a lista de canles para a situación consolidada final. Pola súa banda, aqueles que non teñan adaptadas as súas instalacións de antena deixarán de recibir as canles afectadas sen antenizar.
Finalmente, os cidadáns que viven en edificios con instalación de tipo individual deberán resintonizar os seus receptores e reordenar a lista de canles para a situación consolidada final.
En Galicia, o Dividendo Dixital afecta a todos os fogares xa que as canles de TVE deben de ser trasladadas ás novas frecuencias en toda Galicia, sendo preciso adaptar as antenas e resintonizar en varios momentos do proceso As canles autonómicas (TVG e V televisión) mudarán de frecuencia únicamente no norte e oeste da provincia de A Coruña, nalgunhas zonas da provincia de Lugo e en toda a provincia de Ourense.